ORIENTACIÓNS PARA AS PROBAS DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA II DO CURSO 2016-2017
[...]
As novidades (poucas) que introducimos nas probas que se celebrarán no ano 2017 obedecen á adaptación ao establecido na nova lexislación, nomeadamente á Orde do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ECD/1941/2016 do 22 de decembro, BOE de 23 de decembro) ditada en desenvolvemento do Real Decreto 310/2016, do 29 de xullo, e á Resolución de xaneiro de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na que se ditan instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade para o curso 2016/2017, permanecendo o resto do exame igual que nas PAU celebradas os últimos anos.
Ainda que a ponderación valorativa dos diferentes apartados é orientativa (Resolución da Consellería, terceira, 4º n), imos seguila e adaptaremos as preguntas para avaliar os estándares de aprendizaxe do novo currículum de 2º de bacharelato. Mantemos como obras literarias de lectura as dos últimos cursos: Plenilunio, Campos de Castilla, La Fundación e Crónica de una muerte anunciada. Dada a altura do curso, mantemos as preguntas de literatura tal e como figuraban redactadas en anos anteriores, eliminando aquelas que non forman parte da actual programación de segundo de bacharelato.
En síntese, o exame (a escoller entre dúas opcións) consistirá nun exercicio cos seguintes apartados e preguntas:
1ª PARTE (2.5 puntos)
1. Significado de palabras o expresiones en un texto (1.0 puntos)
2. Resumen o esquema de un texto (1.5 puntos) O esquema deberá ordenar as ideas e xerarquizarlas, incluíndo as principais e as secundarias. Empregaranse esquemas nominais e non oracionais para cada un dos epígrafes. A través da lectura tanto do resumo como do esquema, alguén que non lese o texto debería poder saber de que trata e cales son as ideas principais.
2ª PARTE (1.5 puntos)
3. Comentario crítico del contenido de un texto. Repetimos aquí as orientacións de circulares anteriores dirixidas ao alumnado:
- Deberás tratar de convencer con argumentos e contraargumentos.
- Deberás organizar o teu texto debidamente; podes estruturalo en partes (sen indicalas) como, por exemplo, tesis, argumentación e conclusión.
- Deberás manexar os recursos lingüísticos axeitados: verbos de pensamento, de dúbida… adverbios e conectores que faciliten a exposición de argumentos, fórmulas que impliquen ao receptor, etc.
- Valoraremos a corrección e a adecuación da linguaxe ao que se solicita, preferindo sempre a sinxeleza aos tópicos e ás fórmulas de recheo.
- Deberías ser quen de detectar os criterios nos que se basea o autor para defender o que di.
- Deberías ser capaz de engadir exemplos que ilustren os teus argumentos ou contraargumentos e deberías ser capaz de chegar a conclusións, ainda que sexan provisionais.
- Non se trata de realizar unha análise formal do texto, ainda que poderás referirte a algún trazo formal se estimas que contribúe a reforzar a túa argumentación.
- Penalizaremos o feito de repetires o texto, que digas obviedades, que empregues frases ocas ou insustanciais, rexistros coloquiais ou que cometas erros de expresión ou ortográficos.
- Non deberás exceder as 50 liñas.
3ª PARTE (3 PUNTOS)
Esta terceira parte constará de TRES cuestións (cada una de 1.0 puntos) que recollerán os estándares de aprendizaxe establecidos na lexislación neste bloque de contidos:
- identificación e explicación de fenómenos ortográficos, morfolóxicos, sintácticos (categorías, funcións e relacións);
- uso ou redacción de pequenas estruturas guiadas;
- cuestións de carácter semántico (cuestión de sinonimia, etc.)
- ou de tipo compositivo como os conectores textuais, os elementos de cohesión intradiscursivos, etc.
- Coñecemento das posibilidades de creación de palabras e enriquecemento do léxico mediante a composición, derivación, parasíntese e acronimia.
- Identificación e uso das diferentes clases de palabras.
- Identificación e emprego axeitado das diferentes formas verbais e das diferentes formas de perífrases verbais.
- Identificación e emprego das diferentes clases de sintagmas ou frases, dos seus constituíntes e das diferentes funcións que podan exercer nas cláusulas ou oracións.
- Identificación e uso das diferentes funcións primarias de cláusula ou oración (suxeito, predicado, etc.)
- Identificación e uso das diferentes relacións existentes entre estruturas sintácticas.
- Coñecemento das diferentes relacións léxico-semánticas das palabras (sinonimia, antonimia, hiperonimia, campo léxico e campo semántico, mediante a identificación nun texto ou o emprego de sinónimos, antónimos, etc.).
- Identificación de voces patrimoniais, cultismos, semicultismos e préstamos.
- Identificación de conectores ou procedimentos de cohesión.
Insístese no seguinte:
- NON se pedirá unha análise sintáctica formal.
- NON se pedirá análise morfolóxica de palabras, pero poderá pedirse identificación de elementos.
- Poderase preguntar por todos aqueles elementos que contribúen a dotar de cohesión e coherencia a un texto; por exemplo, antecedentes de relativos, referentes textuais de pronomes, valores anafóricos e catafóricos dalgún elemento, identificación e emprego de conectores, etc.
- As preguntas NON serán teóricas; non se tratará de reproducir teoría gramatical ou trazos das variedades aprendidos memorísticamente, senón de identificar ou empregar unidades lingüísticas.
4ª PARTE (3 PUNTOS)
Esta parte constará de DÚAS preguntas, cada unha de 1,5 puntos. Unha pregunta fará referencia a unha das obras lidas no curso e a outra á historia da literatura. Tal e como sinalamos anteriormente, as obras dos últimos cursos, escollidas polos docentes de secundaria, son as seguintes:
- La Fundación
- Campos de Castilla
- Plenilunio
- Crónica de una muerte anunciada
7ª Pregunta (1.5 puntos):
Co apoio dun pequeno fragmento (que estará identificado), as preguntas versarán sobre características, temas, personaxes, etc., da obra.
As preguntas tipo poden ser:
Sobre Plenilunio:
Sobre La Fundación:
Co apoio dun pequeno fragmento (que estará identificado), as preguntas versarán sobre características, temas, personaxes, etc., da obra.
As preguntas tipo poden ser:
Sobre Plenilunio:
- Temas de Plenilunio.
- Técnicas narrativas da novela.
- Tempo e espacio da novela.
- Punto de vista do narrador.
Sobre La Fundación:
- Técnicas e recursos dramáticos en La Fundación.
- Análise de personaxes de La Fundación.
- Argumento e temas fundamentais en La Fundación.
- Lugar, tempo e acción en La Fundación.
- A técnica do realismo máxico en Crónica de una muerte anunciada.
- A importancia do honor en Crónica de una muerte anunciada.
- O perspectivismo como técnica narrativa en Crónica de una muerte anunciada.
- Análise de personaxes de Crónica de una muerte anunciada.
Sobre Campos de Castilla
- A paisaxe en Campos de Castilla.
- Principais símbolos machadianos en Campos de Castilla.
- Principais trazos formais na obra Campos de Castilla.
Dado que a pregunta irá vinculada a un pequeno texto, as lecturas seguen a ser OBRIGATORIAS e non son unha mera recomendación. Os fragmentos seleccionados serán sempre moi significativos. Non se pretende sorprender ao alumnado, senón potenciar a lectura reflexiva das obras.
8ª Pregunta (1.5 puntos).
O alumnado terá que responder a unha das seguintes cuestións:
- O Modernismo. Características xerais a través da figura de Rubén Darío.
- A xeración do 98: Baroja, Unamuno e Azorín.
- As traxectorias poéticas de Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez.
- O grupo poético do 27 a través dalgúns dos principais autores: Salinas, Lorca, Alberti e Cernuda.
- O teatro español anterior á Guerra Civil: Benavente, Lorca e Valle-Inclán.
- A poesía española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Miguel Hernández, Blas de Otero, Gil de Biedma.
- A novela española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Cela, Delibes e Martín Santos.
- A figura de Buero Vallejo no teatro español posterior á Guerra Civil. A renovación do teatro dende o chamado Teatro Independente (por exemplo, Els Joglars, La Fura, Els comediants...).
- A narrativa hispanoamericana da segunda metade do século XX. O boom da narrativa: Borges, Cortázar, García Márquez, Vargas Llosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario